Encontro en Bruxelas do alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, co europarlamentario de EQUO, Florent Marecellesi

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, viaxou o 15 de Outubro a Bruxelas para participar na reunión do Pacto Europeo dos Alcaldes e as Alcaldesas por unha Enerxía Sostible e contra o Cambio Climático.

O alcalde aproveitou a visita para dialogar con diferentes parlamentarias e representantes políticos no Parlamento Europero e abordar con eles diversos temas que revisten especial interese para a cidade que se debaten en Bruxelas. Temas de enerxía, medio ambiente ou economía, como é o caso da situación da planta da Alcoa ou da rexeneración da Ría do Burgo.

Un destes encontros foi co europarlamentario Florent Marcellesi, membro de EQUO elixido na candidatura de Primavera Europea.

CRX0EZjUcAAW5Bo

Florent Marcellesi (EQUO) e Xulio Ferreiro, alcalde da Coruña. Bruxelas, 15/10/2015