Querida xente de EQUO Coruña:
Poñémonos en contacto con vós para anunciar o proceso de elección da nova Mesa Provincial de EQUO Coruña que estará integrada por 4 persoas ( 2 covoceirías en paridade, secretaría, tesoureira+censo).
Poden presentarse persoas afiliadas e simpatizantes da provincia da Coruña. Teñen que figurar debidamente censadas e rexistradas en EQUO antes das 00:01 do día 2 de maio 2017.
Os prazos son os seguintes:
– Ás 00:01 do mércores 3 de maio de 2017 ábrese o prazo de presentación de candidaturas para a Mesa Territorial de EQUO A Coruña, actualmente de ámbito provincial. O prazo de presentación de candidaturas remata ás 23:59 do luns 8 de maio de 2017. Para presentar a túa candidatura, por favor, envía nome completo, DNI (non se fará público), foto (opcional) e localidade na que esteas censada. Logo, cun máximo de 150 palabras por apartado, achega unha presentación persoal, a túa vinculación con EQUO Galicia, e as razóns para presentarte. Non se aceptarán nin documentos adxuntos, nin enlaces web. Envía a túa candidatura á conta de correo electrónico mesanacional@equogalicia.org.
– Durante o martes 9 de maio faranse públicas as candidaturas provisionais e abrirase o prazo de reclamacións ata o xoves 11 de maio.
– O venres 12 de maio de 2017 publicaranse as listas definitivas de candidatas, e a votación telemática comezará ás 00:01 do sábado 13 de maio. A votación remata o xoves 18 de maio ás 13h. A publicación das listas de candidatas, tanto a provisional como a definitiva, farase no grupo de EQUO Coruña na Equomunidade, ademais de co envío dun correo-e a toda persoa afiliada e simpatizante de EQUO na provincia da Coruña.
Convócase unha Asemblea Extraordinaria para o xoves 18 de maio de 2017 co obxecto de habilitar a votación presencial antes do peche da mesma e posteriormente a realización do escrutinio. Estes dous, xunto á posterior ratificación da nova composición provisional da Mesa Territorial (que se volverá definitiva se non hai reclamacións nun prazo de dous días), serán os únicos puntos da orde do día (indicarase horario e lugar próximamente).
Un saúdo e contamos coa vosa participación neste proceso.
O comité electoral : Iago López, Néstor Vázquez e Emilio Padrón.”