Dentro da coalición Alternativa Galega de Esquerda queremos presentarvos ás persoas candidatas propostas por EQUO Galicia.
Foron elexidas nun proceso de primarias con votacións presenciais e en línea en cada provincia galega.
A Coruña _ Lugo _ Ourense _ Pontevedra
Marita Iglesias Padrón (ligazón á entrevista: Falamos con Marita)
Formadora e experta en temas de violencia, xénero e diversidade funcional (discapacidad).
Activista en movimentos sociais relacionados coa diversidade funcional desde fai máis de 30 anos defendendo o modelo de Vida Independente en contraposición ao asistencialista da política social actual. Longa experiencia en proxectos de distintas Iniciativas da Unión Europea, entre os que destacan os relacionados coa violencia sobre mulleres pioneros en España e precursores de posteriores iniciativas e estudios no ámbito da muller con diversidade funcional a nivel nacional e internacional. Formó parte do equipo de expertas creado polo Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais para o deseño e posta en marcha do I Plan de Acción para as Mulleres con Discapacidade. Coordinadora do Grupo de Discusión sobre Violencia dentro da Rede Internacional de Mulleres con Discapacidade (INWWD).
Teño 54 anos e vivo nos arredores de Compostela.
Pablo Otero Otero (ligazón á entrevista: Falamos con Pablo)
Son Pablo Otero, vivo na Coruña e teño 25 anos. Estudiei Adm. e Dirección de Empresas na UDC e en Eslovenia, e especialiceime na Responsabilidade Social Corporativa. Tamén estudiei en Asturias, e traballei en actividades de fundraising para oenegués. Actualmente traballo no Departamento de Responsabilidade Social Corporativa dunha empresa textil.
Levo implicado en organizacións xuvenís progresistas máis de dez anos, sobre todo na Universidade (IESGA), sendo representante de estudantes en todos os nivéis. Participei e numerosas actividades do ‘Consejo de la Juventud de España’ (Cumbre Iberoamericana do Auga, Obradoiro de Empoderamento da muller, Politicas xuvenís…) Tamén colaborei en asociacións europeístas (AEGEE) e en ONG como voluntario. Son socio de WWF, Greenpeace e Solidaridade Internacional. Falo inglés e francés.
Fernando Rodríguez López (ligazón á entrevista: Falamos con Fernando)
Son unha persoa que estivo toda a vida acumulando experiencia en moitos e variados postos de traballo e en actividades lúdicas, deporte, música… Vivín trece anos en Madrid, un ano en Valencia e outro ano en Inglaterra. Non poseo títulos relevantes pero teño ampla experiencia en Informática, en Inglés, en Francés, en Electrónica, en Contabilidade, en Loxística entre outras moitas pero sobre todo na vida no campo galego coa que me curtín sendo ben novo. Este ano rematei 4º de Socioloxía na UNED, xa que debezo por coñecer o mundo no que vivo e implicarme nel da mellor maneira posible a ver si consigo facelo un pouco mellor.
María Fe Rodriguez Vázquez (ligazón á entrevista: Falamos con Fe)
Axente facultativo medioambiental da Conselleria de Medio Ambiente.
Demostrado está que o sistema político actual non funciona, a mellor maneira de cambialo e acercándose a él.
Alberto Cremades Díaz (ligazón á entrevista: Falamos con Alberto)
Hola, son Alberto, teño 37 anos e nacín nesta tranquila cidade das Burgas pola que presento a miña candidatura. Son diplomado en Ciencias da Educación e Licenciado en Historia e Ciencias da Música. Exercín varios anos de educador e tiven unha empresa durante sete anos relacionada co cultivo orgánico. Dende fai uns anos estiven formándome no ámbito das terapias naturais, profesión da que tento vivir na actualidade. Son unha persoa profundamente disgustada coa política actual dos grandes partidos e co sistema salvaxe e capitalista no que vivimos, defensor do ecoloxismo e a sostenibilidade como modo de vida.
Montserrat Valencia León (ligazón á entrevista: Falamos con Montse)

Pontevedra
Técnico Superior en electrónica, Experto Profesional en Enerxía Solar Fotovoltaica (UNED, 2005), encargado de planta externa e profesor interno de Telefónica. Resido desde 1981 en Vigo, agás 15 meses destinado en Cádiz.
Afiliado a Comisións Obreiras en 1986, fun membro do comité de empresa, do comité de Seguridade e Saúde e da Xunta de Economatos da empresa en Madrid. Socio desde 1988 do clube Montañeiros Celtas, onde practico espeleoloxía, pertencín á xunta directiva do club e á Federación Galega de Espeleoloxía, que presidín nos anos 2007 e 2008, formando parte da Federación Española de Espeleología. En 2006 presentei un relatorio no I Congreso de Espeleoloxía de Galicia, sobre a substitución da iluminación con carburo por díodos de alta potencia, non contaminantes, nas exploracións subterráneas.