1. A Comisión Executiva estará formada por 6 persoas en paridade. A muller e o home máis votados ocuparán os cargos de portavocía de EQUO Galicia.
2. Todas as persoas afiliadas a EQUO Galicia a día 5 de abril poden presentar a súa candidatura. Asimesmo poden participar na votación todas as persoas afiliadas incluidas no censo a día 5 de abril.
3. O proceso e calendario electoral son os seguintes:
das 0h do sábado 6 ate ás 24h do domingo 14 de abril
Prazo de presentación de candidaturas PECHADA A RECEPCIÓN DE CANDIDATURAS.
- Presentación de candidaturas: Cada persoa candidata presentará a súa candidatura na dirección equogalicia@proyectoequo.org , co asunto “candidatura” adxuntando unha fotografía máis un arquivo cos seguintes apartados: nome e apelidos, presentación persoal, vinculación con EQUO, razóns para presentarse.
luns 15 de abril
Publicación da Lista provisional de candidaturas
16 e 17 de abril
Periodo de reclamacións da lista de candidaturas PECHADO PERIODO DE RECLAMACIÓNS
xoves 18 de abril
Publicación da lista definitiva de candidaturas
Candidaturas:
- Mª Asunción Couto Carril
- Mª José Grobas Garaboa
- Marita Iglesias Padrón
- Rosa Rodríguez Sales
- Ángel Montero Campos
- Jesús Pérez Balirac
- Fernando Rodríguez López
- Xosé Manuel Sanxoán Caamaño
- Serafín Valencia Triviño
Coñece máis deles na Lista definitiva de Candidaturas á Comisión Executiva de EQUO Galicia 2013
das 0h do venres 19 ás 12h do mércores 24 de abril
Debate: Neste prazo estará disponible un fío na Equomunidade no que se poderán realizar preguntas ás persoas candidatas, que poderán contestar ás mesmas antes das 12 h do xoves 25 de abril.
das 0h do venres 26 ás 12h do sábado 27 de abril
Votacións en linea, poderase votar na rede a través do enlace que se facilitará á afiliación.
- Sistema de voto: Tal e como se especifica no art 20 dos estatutos de Equo Galicia vixentes o método de elección será o de Voto Único Transferible, sistema de voto baseado na representación proporcional no que cada persoa afiliada pode votar a 6 candidaturas asignándolle unha orde de preferencia a cada unha delas.
o sábado 27 de abril das 17 h ata as 20 h
Votación presencial, no CSC de Conxo situado na Praza Aurelio Aguirre nº 1 en Santiago de Compostela.
luns 29 de abril
publicación dos resultados das eleccións Comisión executiva electa de EQUO Galicia
O Comité electoral. Formarán parte do comité electoral Loli Tobío Sueiro, Xesús Fernández Neira e Emilio J. Padrón. As persoas do comité electoral non poderán presentar candidatura á Comisión Executiva.