Eleccións da COMISIÓN EXECUTIVA de EQUO Galicia

Logo de ter aprobados os Estatutos de EQUO Galicia na Asemblea de persoas afiliadas e simpatizantes o sábado 9 de marzo do 2013 en Santiago de Compostela, chega o momento de polos en valor.
Damos comezo a renovación dos órganos de coordinación de EQUO Galicia co proceso para elexir a Comisión Executiva.

1. A Comisión Executiva  estará formada por 6 persoas en paridade. A muller e o home máis votados ocuparán os cargos de portavocía de EQUO Galicia.

2. Todas as persoas afiliadas a EQUO Galicia a día 5 de abril poden presentar a súa candidatura. Asimesmo poden participar na votación todas as persoas afiliadas incluidas no censo a día 5 de abril.

3. O proceso e calendario electoral son os seguintes:

das 0h do sábado 6 ate ás 24h do domingo 14  de abril
Prazo de presentación de candidaturas

  • Sistema de voto : Tal e como se especifica no art 20 dos estatutos de Equo Galicia vixentes o método de elección será o de Voto Único Transferible, sistema de voto baseado na representación proporcional no que  cada persoa afiliada pode votar a 6 candidaturas asignándolle unha orde de preferencia a cada unha delas.
  • Presentación de candidaturas : Cada persoa candidata presentará a súa candidatura na dirección equogalicia@proyectoequo.com , co asunto “candidatura” adxuntando unha fotografía  máis un arquivo cos seguintes apartados: nome e apelidos,  presentación persoal, vinculación   con EQUO, razóns para presentarse.

luns 15 de abril
Publicación da Lista provisional de candidaturas

16 e 17 de abril
Periodo de reclamacións da lista de candidaturas

mércores 18 de abril
Publicación da lista definitiva de candidaturas

das 0h do xoves 19 ás 12h do mércores 24 de abril
Debate : Neste prazo estará disponible un fío na Equomunidade no que se poderán realizar preguntas ás persoas candidatas, que poderán contestar ás mesmas antes das 12 h do xoves 25 de abril.

das 0h do venres 26 ás 12h do sábado 27 de abril
Votacións en linea, poderase votar na rede a través do enlace que se facilitará á afiliación.

o sábado 27 de abril das 17 h ata as 20 h
Votación presencial,  no CSC de Conxo situado na Praza Aurelio Aguirre nº 1 en  Santiago de Compostela.

luns 29 de abril
publicación dos resultados das eleccións

Comité electoral. Formarán parte do comité electoral Loli Tobío Sueiro, Xesús Fernández Neira  e as persoas voluntarias afiliadas ou simpatizantes de EQUO que se presenten antes das 24 h do martes 9 de abril. Tende en conta que as persoas do comité electoral non poderán presentar candidatura á Comisión Executiva.

Agardamos a vosa participación activa neste proceso.

Ti es EQUO, xuntos somos máis EQUO