EQUO A Coruña participou na concentración do pasado 29 de Novembro na Praza de María Pita, convocada en apoio á Marcha Mundial polo Clima. Na concentración participou o membro de EQUO Daniel Díaz, concelleiro de Mobilidade Sostible do Concello da Coruña.
Os actos en apoio á Marcha Mundial polo Clima esixen compromisos dos países participantes na Conferencia Mundial do Clima de París (COP21) na loita contra o cambio climático.
Despois da concentración, EQUO A Coruña organizou unha charla na Librería Berbiriana onde se falou dos efectos do cambio climático e das demandas que EQUO propón co gallo da celebración do cumio de París. A charla foi presentada pola nosa co-voceira Silvia Pinal e impartida por Rubén Fernández “Xarpe”.
Charla na Librería Berbiriana, organizada por EQUO A Coruña.