Hoxe é o día da seguridade e a saúde no traballo. Normalmente sería unha efeméride que pasaría desapercibida para a maioría das persoas pero este ano cobra especial importancia.
A crise do COVID19 converteu aos Equipos de Protección Individual do ramo sanitario nalgo cotián para todas e nos fixo ser conscientes de que as medidas de protección son efectivas aínda que non saían nos medios todos os días.
Vimos de saber que hai no noso país preto de 38.000 profesionais da sanidade contaxiados o cal fai que teñamos que reflexionar sobre as medidas de protección que teñen ao seu alcance e se existen todos os medios personais necesarios.

Non nos esquezamos tampouco das traballadoras dos coidados en residencias de maiores, que, en Galicia, levan anos denunciando a falta de persoal, as longas xornadas e agora ademais a falta de medios de protección como mascarillas ou luvas.
Estes EPIs son agora importantes para moitas profesións que antes non os precisaban: farmacéuticas, traballadoras de supermercados, repartidoras, transportistas.