Neste 25 de novembro EQUO Galicia apoia as convocatorias en Galicia da Marcha Mundial das Mulleres, que podedes atopar na súa web www.feminismo.info/webgalego:
A CORUÑA:
Martes 25 ás 19.00h no Obelisco.
convoca acción Feminista da Coruña
Chegado un novo 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia Machista, en EQUO Galicia queremos sumarnos unha vez máis á repulsa desta eiva social que seguen a sufrir millons de mulleres en todo o mundo, e que vén de cobrarse a vida de 45 mulleres no que vai de ano 2014 en España, 6 delas en Galicia (a macabra cifra elevouse a 54 vítimas mortais en 2013, con 3 vítimas na nosa terra).
As cifras que acada a violencia machista na nosa «avanzada» Unión Europea meten medo:
- Un recente estudo levado a cabo sobre unha poboación de 42000 mulleres de toda a UE calcula que 13 millóns de mulleres na UE experimentaron algún tipo de violencia física, o que equivale ao 7% de mulleres entre os 18 e os 74 anos.
- O mesmo estudo conclúe que 3,7 millóns de mulleres na UE experimentaron violencia sexual (2% de mulleres con idades de 18 a 74 anos). Na UE un 18% das mulleres foron obxecto de acoso a partir dos 15 anos. Estas porcentaxes representan que 9 millóns de mulleres na UE sufriron e sufrirán violencia machista.
- O estudo tamén resalta como máis da metade de todas as mulleres da UE (53%) procura evitar determinadas situacións ou lugares polo temor a ser vítimas de agresións físicas ou sexuais.
Estes datos mostran unha preocupante realidade social, co problema do machismo aínda lonxe de ser superado incluso nun lugar como a UE, onde se teñen producido importantes avances sociais. É importante entender a violencia machista non como un conxunto de actos fortuitos aillados, senón froito dunha cultura patriarcal na que as mulleres aínda teñen que loitar para ser cidadás de pleno dereito.
EQUO denuncia que os recortes que o goberno está a levar a cabo en materia de igualdade e violencia contra as mulleres supoñen un insuperable obstáculo na loita contra a violencia machista, sen que se estea a acadar un descenso significativo nas cifras de violencia. “Isto e outras políticas que pretenderon sacar adiante, demostran a falta de compromiso do gobierno actual cos dereitos das mulleres”, declara Rosa Martínez, covoceira federal de EQUO.
EQUO denuncia que non é a falta de diñeiro, senón a de compromiso, a que non permite avanzar nesta loita. As actuacións para a prevención integral da violencia de xénero apenas se dotan con 23,7 millóns de euros do orzamento para 2015. 56 veces menos que a indemnización que o goberno de España vén de pagar á concesionaria do proxecto Castor.
Para EQUO, a implementación de este tipo de políticas resulta imprescindible para combatir esta eiva, pero tamén o é “reconstruír a educación, superar os falsos mitos sobre a sexualidade e as relacións, e rematar cos estereotipos sexuais cos que nos educaron e que están na raíz da violencia machista” tal e como recolle Eva del Fresno, coordinadora da Rede EQUO Mulleres.
Para o noso partido, EQUO, que desde o comezo incorpora principios de igualdade e é o único partido que establece nos seus estatutos a paridade en todos os seus órganos, o dereito a unha vida libre de violencia é algo básico e irrenunciable e se compromete a impulsar acordos con outras organizacións e partidos políticos para poñer esta cuestión no centro da axenda. “Os dereitos de millóns de mulleres merecen algo máis que unha campaña institucional o 25 de novembro”, puntualiza Martínez.
“Estamos convencidas de que só a loita conxunta de mulleres e homes desde as organizacións sociais e políticas, institucións e gobernos conseguirá a transformación social necesaria que poña fin á violencia contra as muleres” conclúe del Fresno.