Benqueridas equoamigas e equoamigos:
Equo Galicia anima a toda a cidadanía a reivindicar o DIA NACIONAL DE GALICIA, instaurado polas Irmandades da Fala de 1919 e instaurado de forma oficial pola Xunta de Galicia no ano 1979.
Entendemos esta conmemoración para render a nosa homenaxe a súa cultura, idioma, tradicións a través do seus bardos e precursores, dende Rosalía e Castelao ate nosos días a través das nosas Letras Galegas, así como a constante defensa dos nosos recursos e a clara defensa dos dereitos da cidadanía galega.
Esperamos deste 25 de Xullo un día de reflexión cidadá co obxecto de recuperar as boas políticas de carácter público e unha mellor protección e cobertura da eQuidade Social nestes tempos tan incertos e inxustos coas galegas e galegos.
Neste Día da Patria Galega, instamos aos responsables institucionais maiores cotas de dilixencia e soberanía política para resolver os problemas sociais do país e actúen con Confraternidade, eQuidade e Solidariedade nestes tempos de angustia para moitos de nosos concidadáns motivado polas consecuencias dun capitalismo depredador e insensible.
Cremos que outras políticas de eQuidade Social son posibles.
Desexámosvos un FELIZ E REIVINDICATIVO 25 de XULLO !!
Unha aperta,
Mesa Promotora de EQUO Galicia.