Tras o esforzo da campaña electoral das municipais e demais traballo realizado neste último ano, queremos convidarvos ao 2º EQUO-encontro galego. A este encontro estades todas e todos convidados, así coma as vosas familias e achegados.
O EQUO-encontro galego faise no Día do Medio Abiente (coincidindo co aniversario de EQUO), pero como este ano non cadra en fin de semana farémolo o 6 de xuño.
EQUO A Coruña e Bisbarra súmase ao encontro. O noso plan é o seguinte:
9:20h. Estación de tren da Coruña. Collemos o tren a Monforte. Este tren ten paradas na bisbarra: Campus Elviña, O Burgo e Betanzos-Infesta.
11:49 h. Chegada a Monforte. Visitaremos o Museo do Ferrocarril de Galicia.
Logo iremos tomar uns Ribeiras Sacras por Monforte antes do xantar colaborativo (que vén sendo, cada un trae un pouco e poñémolo en común para compartir) sobre as 14:30h.
Na sobremesa o máis importante é pasar un bo rato, así que se sabes tocar algún instrumento, se queres traer xogos ou se che ocorre calquera actividade que poidamos compartir non o penses dúas veces.
Remataremos cun paseo pola área recreativa de Ribas Altas, que é accesible para persoas con mobilidade reducida.
O tren de volta ten a saída ás 20:40h. coas mesmas paradas que na ida.
Agardamos poder vervos a todas este sábado 6 de xuño, en Monforte de Lemos (Lugo)
Ti es EQUO, xuntos somos máis EQUO.