Día da Liberdade dos Documentos #DFD2014

EQUO Galicia súmase á celebración do Día dos Documentos Libres

Logo del DFDEQUO Galicia manifesta o seu máximo apoio ao Día da Liberdade dos Documentos (Document Freedom Day, #DFD2014), que serve ao mesmo tempo para celebrar e concienciar sobre o uso de formatos e estándares abertos na creación de documentos electrónicos.

«Os documentos que son libres pódense empregar do xeito que o seu autor desexe. Poden ser lidos, transmitidos, editados e transformados usando toda unha gran variedade de ferramentas. Os documentos que non son libres están atados a un software ou compañía en particular. O autor non pode escoller como poder ser usados, porque están restrinxidos e controlados técnicamente.» (Da web do DFD)

En EQUO estamos convencidos de que a tecnoloxía debe estar ao servizo da ciudadanía, e non as persoas en mans dunha ‘tecnoloxía cautiva’ que favorece a un número reducido de empresas. Un acceso xusto e responsable ás tecnoloxías da información é un piar fundamental na consecución do obxectivo de lograr unha sociedade máis xusta, libre e transparente. Por iso, consideramos fundamental a utilización de formatos e estándares abiertos na creación e difusión de calquera documento electrónico, único xeito de garantir que a información que conteñen flúa con total liberdade e transparencia, permitindo unha interoperatividade efectiva entre diferentes ferramentas informáticas.

Esta problematica entronca directamente coa da neutralidad da rede, que EQUO defende coa mesma determinación (unha mostra nesta nota de prensa). A este respecto, EQUO lamenta que, no actual proceso de confección dun novo marco lexislativo europeo para as comunicacións electrónicas, a comisión ITRE (Industria, investigación e enerxía) veña de rexeitar as enmendas ao “Regulamento do Parlamento Europeo e do Consello polo que se establecen medidas en relación co mercado único europeo das comunicacións electrónicas e para crear un continente conectado” que se enfocaban precisamente en garantir a neutralidade da rede. A ciudadanía debe seguir exercendo presión sobre a Comisión Europea e o Parlamento Europeo para non ver minguadas as súas liberdades e dereitos dixitais. Dende EQUO seguiremos a facelo.

Animamos a todas as persoas interesadas en saber máis sobre o tema a achegarse a algún dos dous eventos (Vigo e A Coruña) que en Galicia se celebran co gallo deste #DFD2014. Na seguinte páxina web podes atopar o resto de eventos organizados por todo o mundo para conmemorar este día: http://documentfreedom.org/events/events.es.html

Por uns documentos libres e unha rede neutra.