Este xoves, 22 de maio, celebramos o día internacional da biodiversidade, xornada que trata de visibilizar e concienciar sobre o problema da perda de biodiversidade no planeta. Problema que, ademais da evidente vertente medioambiental, tamén é de vital importancia en multitude de aspectos da nosa sociedade, xa que se estima que o 40% da economía mundial descansa na biodiversidade e nos ecosistemas.
En EQUO loitamos por unha Europa que asuma a esencia limitada dos recursos naturais. Por un espazo de convivencia á vangarda da loita contra o cambio climático e garante da protección animal e da biodiversidade, unha nova cultura da auga, con políticas no agro en na pesca ambiental e socialmente xustas, e propoñendo un novo modelo enerxético europeo. O noso programa, con base na ecoloxía política, recolle propostas e medidas concretas neste eido, no só con seccións específicas, senón imbricadas en toda a nosa aposta política.
Para conmemorar este día da biodiversidade, e aproveitando o final da campaña electoral destas Europeas 2014, en EQUO Galicia contamos coa presenza do noso candidato ao Parlamento Europeo, Florent Marcellesi, que partipará no seguinte programa de actividades na cidade de Vigo:
- 10:00-11:00 Almorzo coa prensa
- 11:30-13:00 Mesa sobre economía alternativa e verde
- 14:00-16:00 Xantar coa afiliación e simpatizantes de EQUO
- 16:00-17:00 Micrófono aberto na rúa