EQUO súmase ao acordo de confluencia para a defensa dos animais na Coruña.
O acordo foi promovido por:
Asociación Animalista Libera; Fondation Franz Weber; Galicia, mellor sen touradas; Mocidade pola abolición;
Mesa de participación cidadá; Miau
PROPOSTAS DE MÍNIMOS PARA UNHA POLÍTICA PÚBLICA MUNICIPAL PREOCUPADA NA DEFENSA DOS ANIMAIS.
1. Supresión de calqueira apoio, soporte ou patrocinio do Concello da Coruña á realización de espectáculos con animais como as touradas ou os circos.
2. Transporte público que permita a entrada de animais para impulsalo como modo de desprazamento aberto, sostible e inclusivo.
3. Aposta polo modelo de sacrificio cero na canceira municipal e revisión profunda da concesión para avaliar as posibilidades de municipalizar ou adxudicar o servizo a partires de criterios non lucrativos ou empresariais.
4. Impulso dunha estratexia de concienciación mediante campañas e iniciativas para fomentar o respeto, protección e benestar dos animais, e promoción da adopción dos mesmos no canil municipal.
5. Creación do Consello Municipal de Convivencia e Protección Animal como organismo de participación cidadá e sectores implicados, e como promotor da avaliación e proposición de políticas e servizos municipais de protección e benestar animal.
6. Implantación dun modelo de xestión ético das colonias felinas que inclúa a súa esterilización, control veterinario e alimentación en corresponsabilidade coas ONG, fomentando a participación da veciñanza.
7. Loita contra o comercio ilegal de animais e a súa publicidade en cumprimento da normativa local e procurando a cooperación da administración autonómica.
8. Establecemento de horarios e zonas de esparcemento para animais domésticos en espazos verdes e praias da cidade con criterios de convivencia veciñal

SOLIDARIEDADE COAS ACTIVISTAS ANIMALISTAS
Nos últimos meses téñense multiplicado as voces que, dende a veciñanza e os colectivos de base, reclaman unha mudanza do modelo de xestión do canil municipal, para asumir, ao igual que noutras vilas, unha forma de traballar onde o sacrificio cero e a proactividade na defensa e protección animal sexan piares fundamentais.
O empoderamento cidadá está a confluir na necesidade de traballar na defensa dos animais a través do desenrolo de políticas públicas inclusivas e de fomento da propia convivencia entre os animais e as persoas.
As estrataxemas que se aproveitan dun sistema legal represivo para impoñer unha mordaza á cidadanía activa na defensa dos animais só poden ser interpretadas como un claro síntoma de medo cara o cambio e cara o avanzo imparable das demandas sociais dun mellor trato para todos os seres vivos. O traballo desenvolvido nestes
últimos anos demostra como non só se incrementaron estas reivindicacións, senón que tamén se multiplica o soporte destas propostas no terreo lexislativo.
A recente reforma da Lei de Protección Animal ou as protestas nas rúas de diferentes vilas galegas contra o maltrato e a violencia evidencian que estamos aquí para ficar, para defender os dereitos dos animais e para non calar fronte as ameazas.
TRANSMITIMOS TODO O NOSO APOIO ÁS ACTIVICTAS ANIMALISTAS
ÁS QUE TENTAN CALAR.
Porque non son eles, somos todas e todos.