Convocatoria Asemblea Xeral EQUO Pontevedra

Queridos EQUOs e EQUAs da provincia de Pontevedra,

En EQUO Pontevedra queremos comezar o 2012 con máis forza ca nunca. Nuns poucos meses, en xuño, terá lugar o 1º Congreso de EQUO, unha data na que se asentarán as bases do partido e cara a que cómpre traballar. Pola nosa parte, nós seguimos a esforzarnos en construír un EQUO Pontevedra máis forte que nos axude a espallar as ideas de EQUO na nosa provincia. Para iso, é preciso ter unha estrutura e uns regulamentos claros que fomenten a participación, a horizontalidade e a operatividade.

Para iso, convidámoste á próxima Asemblea Xeral de EQUO Pontevedra, o luns 9 de xaneiro ás 18:00 h na Sala de Actividades/Fonoteca da Biblioteca Pública de Pontevedra (r/ Alfonso XIII, 3).

O obxectivo principal desta asemblea é debatir, modificar e aprobar os Estatutos Provisionais de EQUO Pontevedra. Nesta mensaxe adxuntamos un borrador preliminar elaborado pola Mesa Provincial. De momento, estes Estatutos recollen o funcionamento da Asemblea Xeral, da Mesa Provincial e do Grupo de Comunicación Externa.

Para usar de maneira eficiente o tempo da Asemblea, pedimos que leades o borrador dos Estatutos con antelación. Se hai algún punto co que non esteades de acordo, razoade o por qué traede unha redacción alternativa. O documento en cuestión enviouse co e-mail da convocatoria da Asemblea, e tamén está colgado na Equomunidade.

Por último, incluímos a Orde do Día provisional. As persoas asociadas e simpatizantes de EQUO poden contribuír a ela na Equomunidade.

1. Benvida e presentación (se é necesario)
2. Resumo da Asamblea da Mesa Federal por parte de Xiana GF
3. Presentación, debate, modificación e aprobación dos documentos organizativos propostos pola mesa de EQUO Pontevedra
      – Regulamento da Asamblea de Socios e Simpatizantes
      – Regulamento da Mesa Provincial
      – Regulamento do Grupo de Comunicación Externa
4. EQUO Galicia

Agardamos vervos a todos na Asemblea Xeral de xaneiro.

Mesa Provincial de EQUO Pontevedra