O próximo xoves 12 de setembro, e tras moitas vicisitudes e retrasos, levarase a cabo a votación da Lei de Transparencia (Lei de Transparencia, Acceso á Información e Bo Goberno). Unha lei e unha votación fundamentais xa que a transparencia é un elemento básico nunha democracia de verdade.
Desde EQUO e Compromis, a través do noso deputado no Congreso dos Deputados de Madrid, Joan Baldoví, levamos traballado moito para que esta lei non sexa un simple parche e se converta nunha norma que realmente garanta a transparencia e posibilite unha democracia de máis calidade. Con este ánimo, presentamos unha enmenda á totalidade e varias enmendas parciais.
Así mesmo, tanto EQUO como Compromis somos organizacións políticas comprometidas, non só coa transparencia senón tamén coa democracia directa e a participación da cidadanía na toma de decisións. Cremos, en definitiva, que é posible unha democracia máis participativa e permanente, na que o papel da cidadanía non se limite a votar cada catro anos. E imos demostralo levándoa á práctica.
Como?
Ti votarás por Baldoví a Lei de Transparencia no Congreso dos Deputados.
Pulsando na ligazón que tes a continuación accederás ao portal no que poderás consultar as propostas e enmendas sobre as que hai que decidir no pleno do Congreso, así como rexistrarte para poder participar co teu voto nesta iniciativa: https://congresotransparente.com.
Non é necesaria a afiliación a EQUO nin constar coma simpatizante para poder participar. Todas as persoas afiliadas ou simpatizantes deberían ter xa nos seus buzóns de correo electrónico unha mensaxe cunha ligazón personalizada para levar a cabo o proceso.
Nesta otra ligazón tes máis información sobre a iniciativa e sobre a plataforma software empregada: http://partidoequo.es/congresotransparente
Podes empezar a votar agora mesmo, tes de prazo ata o mércores 11 ás 23:59.
Os resultados da consulta chegaranlle ao noso deputado que votará en consecuencia e en función dos mesmos. É dicir, Baldoví votará o que ti decidas.
Non deixes de participar e axúdanos a facer historia con esta iniciativa pioneira de democracia directa e participación cidadá. Imos demostrar que é posible facer as cousas doutra maneira.