Conferencia política de EQUO para a elaboración do programa, coa participación de EQUO A Coruña

O Sábado 17 de Outubro celébrase en Madrid a Conferencia Política de EQUO, na que se concretará o programa electoral para as eleccións xerais do 20 de Decembro.

O membro de EQUO A Coruña, Emilio Padrón, coordina a elaboración dun dos capítulos do programa, o relativo aos Medios de Comunicación, e asistirá á conferencia política en Madrid.

Un programa para coidar das persoas e do planeta

En EQUO facemos un programa participativo onde todalas persoas que o desexen poden colaborar a través da EQUOmunidad; así mesmo o borrador do programa tamén foi contrastado con asociacións, organizacións e plataformas expertas en cada unha das temáticas que se abordan.

Na conferencia política do 17 de octubre pecharase o programa. O programa traballarase en tres obradoiros paralelos: Democracia e liberdades, Dereitod e Equidade e Transición ecolóxica da economía, onde se debatirán e se incorporarán enmiendas presentadas ao borrador inicial. Posteriormente farase unha votación mais no plenario.

banner_mailing_mix