Conferencia de Inés Sabanés na Coruña

Inés Sabanés ofrecerá este xoves unha conferencia-coloquio na Coruña, convidada pola Asociación Cultural Namentras, dentro do seu ciclo de conferencias “O futuro da esquerda“. Neste acto ofrecerá a súa visión sobre a recuperación dos discursos da esquerda, as súas propostas e as súas posibles converxencias.

Conferencia-coloquio de Inés Sabanés 

“O futuro da esquerda”

Xoves 16, 20.00h

Circo de Artesáns da Coruña

Rúa San Andrés 36, A Coruña

Organiza Asociación Cultural Namentras

 

Inés Sabanés
Inés Sabanés en rolda de prensa como coordinadora de campaña de EQUO

Inés Sabanés é membro da Comisión Xestora de EQUO a nivel estatal. Ocupou o posto número 2 da candidatura ao Congreso de EQUO por Madrid nas pasadas eleccións xerais do 20N, para as cales tamén foi coordinadora de campaña de EQUO. De ampla traxectoria política, foi deputada no Congreso, parlamentaria na Asemblea de Madrid e concelleira no Concello de Madrid durante a súa traxectoria en Izquierda Unida. Tras abandonar esta formación e tomar un período de reflexión persoal, en xuño de 2011 decide unirse ao proxecto de EQUO atraída por este espazo de base cidadá con ganas de superar as formulacións máis tradicionais da política partidaria.