Conclusións do primeiro dos Faladoiros Verdes: Alerta enerxética

Verdes EQUO Galicia realizou a primeira edición dos FALADOIROS VERDES o pasado 21 de abril. Estas xornadas de Faladoiros son un encontro entre persoas afiliadas e simpatizantes onde debatir temáticas de actualidade que afectan ás nosas vidas e a nosa contorna.

“Alerta enerxética” foi o tema deste primeiro Faladoiro Verde. O obxectivo era tratar e debatir sobre a problemática actual da produción e dos prezos da enerxía.

As principais conclusións do falado e das políticas que deberían marcar o horizonte enerxético son:

1. Descenso do consumo (tanto por boas prácticas que se impulsen no eido do aforro, como en temas de eficiencia enerxética das vivendas, electrodomésticos, etc.)

2. Debe haber un impulso de tecnoloxías de xeneración máis adaptadas á dispersión de Galicia (descentralizadas e de proximidade).

3. Gobernanza dos sistemas de produción e distribución:  Neste contexto, consideramos que as grandes empresas que continúan o oligopolio tenden a acaparar moitos fondos Next Generation. Con todo, este fondos europeos poderían ir máis enfocados ás actuacións do punto 1 (descenso do consumo), porque en realidade as empresas do lobbie enerxético nunca van ter interese en medidas de aforro e decrecemento. E lembramos que nos grandes partidos políticos mandan moito esas empresas.

4. Comunidades enerxéticas como apoio á produción renovable e sostible.

Únete a VERDES EQUO como afiliado ou simpatizante e participa no próximo Faladoiro Verde. Esperamos as túas achegas.