Compostela acolleu a Asemblea de EQUO Galicia

A nova agrupación local de EQUO Teo participou por primeira vez na Asemblea

A Asemblea Nacional de EQUO Galicia reuniuse o sábado 4 de Maio en Santiago de Compostela. Na xuntanza fíxose balance das pasadas eleccións xerais, nas EQUO Galicia participaba dentro da coalición “En Común-Unidas Podemos”, con varios candidatos nas súas listas.

A asemblea deu a benvida á nova agrupación local de EQUO Teo, que se presenta ás próximas eleccións municipais en solitario. Tamén se fixo repaso ao resto de candidaturas nas que participará EQUO. Na provincia da Coruña participamos na lista de Marea Atlántica e damos o noso apoio a Compostela Aberta.

Asemblea de EQUO Galicia. Compostela, 4 de Maio 2019

EQUO Galicia no Parque do Cotaredo. Santiago de Compostela