#PrimariasEQUO Eleccións Europeas 2014
Esta primeira volta das Primarias de EQUO vaise levar a cabo ata o 31 de xaneiro, e nela sairán elexidos todos os postos da lista excepto o primeiro, que sairá elexido nunha segunda volta
Onte, mércores 22 de xaneiro, comezou a primeira volta das Primarias EQUO para elexir a nosa lista nas Eleccións Europeas do 25 de maio.
Poderán participar nesta votación todas as persoas afiliadas a EQUO, simpatizantes ou quen se apuntara na nosa web de Primarias (https://unete.partidoequo.es/primarias) antes do día 12 de decembro. Nesta votación elexiranse todos os postos da lista excepto o número 1, que sairá elexido nunha votación posterior, do 1 ao 10 de marzo, entre os dous homes e as dúas mulleres máis votadas durante a primeira volta que hoxe comeza.
Na segunda volta (do 1 ao 10 de marzo) poderán votar todas as persoas afiliadas a EQUO, simpatizantes ou quen se apuntara na web de Primarias ata o 19 de xaneiro.
A votación realizarase mediante a ferramenta online de votacións de EQUO en http://votaciones.partidoequo.es. Todas as persoas que forman parte do censo electoral, un total de 15.553, terán recibido onte un correo electrónico coas instruccións e as súas claves. EQUO tamén habilitará mesas nos distintos territorios para dar a posibilidade de votar de forma presencial. No noso caso (EQUO Galicia), nos próximos días anunciaremos cando e onde ofreceremos esa posibilidade.
No listado que as persoas participantes reciben existen dúas votacións independentes: Primarias EQUO Mulleres e Primarias EQUO Homes. Hai que votar en ambas listas, ordeando por preferencia cada unha delas de xeito independente (a lista final será en cremalleira). Para o reconto utilizarase o sistema de Voto Único Transferible (VUT) – documento explicativo en castelán–
As dúas mulleres e os dous homes máis votados pasan á segunda volta (o resto da lista xa queda segundo a orde establecida nesta primeira volta), na que sairá elexido o número 1 de EQUO, que se desenvolverá do 1 ao 10 de marzo.
Setenta persoas presentaron a súa candidatura a estas Primarias Abertas á cidadanía de EQUO: http://unete.partidoequo.es/primarias/candidaturas
Pensamos que estas primarias son unha iniciativa radicalmente democrática, participativa e innovadora, e animámoste a participar no proceso.
Nas primarias de EQUO non hai listas pechadas nin bloqueadas, nin candidaturas oficiais apoiadas polos órganos de dirección; só persoas que presentan a súa candidatura e persoas que deciden apoialas co seu voto. EQUO é un partido político, membro do European Green Party (Partido Verde Europeo) que aposta pola democracia directa e a participación constante da cidadanía. Tedes máis información sobre o proceso de #PrimariasEQUO en http://unete.partidoequo.es/primarias.