O coste da luz en España subiu un 70 % en 5 anos, e ainda así seica xa lle debemos 30.000 millóns de EUROS a 5 compañías eléctricas. Mentres, destrúense miles de postos de traballo nas industrias relacionadas coas enerxías verdes, limpas e renovables.
Queres saber por que?
Infórmate, debate e participa no Cineclube EQUO, organizado por EQUO Compostela, que incluirá o visionado do documental «Oligopoly 2» xunto a varias exposicións e un coloquio aberto.
Contaremos coa participación das cooperativas enerxéticas Som Energia, Nosa Enerxía Sociedade Cooperativa Galega e da Plataforma por un nuevo modelo energético.