Celebramos a decisión do Xulgado de avalar a baixada de tarifas do autobús urbano en 2019 co concelleiro Verde Daniel Díaz Grandío

O Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 4 da Coruña avala a baixada das tarifas do autobús urbano da cidade aprobadas polo Concello en 2018. Esta histórica baixada do billete do bus formó parte das inicitativa levadas a cabo pola Concellaría de Mobilidade Sostible, cuxo responsable era o membro de Verdes EQUO Daniel Díaz Grandío.

A maxistrada indica na sentenza que se detectou un beneficio “extraordinario ou excepcional” por excesivo da Compañía de Tranvías. A xuíza lembra que, ata 2018, os prezo revisáronse “sempre á alza”, á vez que cualifica de “desproporcionado” o equilibrio entre o beneficio da empresa e o interese público.

Ademais, a titular deste Xulgado destaca que a modificación tarifaria se realizou mediante un “procedemento complexo, con tres informes internos, dous externos e unha consulta á Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia”.

Verdes EQUO A Coruña celebra esta sentencia que reafirma a validez das políticas Verdes que fomentan e facilitan o uso do transporte público e contribúen á loita contra o cambio climático. Noraboa ao noso concelleiro na lexislatura 2015/19, Daniel Díaz Grandío.