QUE É UNHA CARREIRA DE MEDIOS?
Unha carreira de medios de transporte é aquela na que as persoas participantes utilizan distintos medios de transporte para percorrer un mesmo traxecto. Para determinar cal é o medio máis eficiente analizaremos o tempo necesitado non só no percorrido senón tamén para chegar ata o vehículo e para aparcar correctamente o medio de transporte correspondente. Outro factor que axuda a valorar a eficiencia é o custe, non só do combustible senón tamén de gastos como billetes, aparcamento…
CANDO VAI SER?
O martes 24 de setembro, ás 18.00 horas con saída na Praza de América (diante da biblioteca).
PERCORRIDO
SAÍDA: Praza de América (diante da Biblioteca) PUNTO INTERMEDIO: Porta do Sol CHEGADA: Mercado do Calvario
MEDIOS DE TRANSPORTE
Nesta carreira imos utilizar sete medios de transporte:
- A pé.
- Bicicleta.
- Bicicleta eléctrica.
- Motocicleta.
- Coche particular.
- Taxi.
- Autobús urbano.
QUERES PARTICIPAR?
Invitámoste a acompañarnos durante a carreira, pero tamén podes facer o percorrido establecido pola túa conta e pasarnos os resultados. Só hai tres regras moi sinxelas:
- Tes que indicarnos o tempo necesario, incluíndo a chegada ata o medio de transporte, o traxecto e o tempo necesario para aparcar o vehículo. Como mínimo precisamos a hora de saída e a hora de chegada a cada punto.
- Tes que indicarnos o custe do desprazamento. Por exemplo, no caso do vehículo privado, o combustible e o prezo do aparcamento (cando teña que pagar ORA ou aparcamento).
- Tes que respectar as normas de circulación aplicables a cada un dos medios de transporte empregados.
COMO CHE FOI?
Contanos a túa experiencia aquí mesmo, a través das redes sociais ou nun correo-e a equopontevedra@proyectoequo.org