Campaña de recollida de alimentos e material escolar para as persoas refuxiadas en Grecia: 24-30 de outubro na Coruña

Recollida nos Centros Cívicos Municipais e na Biblioteca de Durán Loriga

Campaña de recollida de material específico destinado a cubrir as necesidades que detectan as organizacións sen ánimo de lucro da Coruña que traballan directamente nos campos de refuxiados e refuxiadas de Grecia.

Que precisamos?

  • Alimentos sen porco que non vaian en envasados en cristal: conservas de atún, sardiñas e vexetais, azucre, arroz…
  • Material escolar que non sexan libros de texto: caixas de cores, lapis, rotuladores, cadernos, gomas de borrar, afilas…

Todo o material que se recolla levarase a través da Fundación Seur aos campos de refuxiadas/os da área de Thesalonika (Oreokastro, Petros, Vasilika e Softex) ademais dos repartos cotiáns na praza da estación de tren e nos pisos de acollida en Thesalonika.

cvhga6hwgaa4hoj-jpg-large

Comments are closed.