Asembleas de EQUO Galicia e ESPAZO-EQUO – 18 Febreiro

As Asembleas terán lugar no Centro Sociocultural e Xuvenil O ENSANCHE. Santiago de Compostela*ASEMBLEA ORDINARIA ESPAZO-EQUO*
*SÁBADO 18 de FEBREIRO de 2017*

*10:15 a 11:30 da mañá*
O ENSANCHE
CENTRO SOCIOCULTURAL E XUVENIL MUNICIPAL
Rua Frei Rosendo Salvado 14-16
15701 Santiago de Compostela
http://www.santiagosociocultural.org http://oensanche.wordpress.com
http://www.facebook.com/oensanche
Tel. 981 543 001

Seguiremos a seguinte *orde do día*:

1. Rendición de contas da Mesa Nacional
2. Estado da cooperativa
3. Votación sobre a disolución da cooperativa ESPAZO-EQUO e acordos que procedan.

*ASEMBLEA EXTRAORDINARIA EQUO GALICIA*
*SÁBADO 18 de FEBREIRO de 2017*

*12:00 da mañá a 13:50 e 17:15 a 20:45 da tarde*
O ENSANCHE
CENTRO SOCIOCULTURAL E XUVENIL MUNICIPAL
Rua Frei Rosendo Salvado 14-16
15701 Santiago de Compostela
http://www.santiagosociocultural.org http://oensanche.wordpress.com
http://www.facebook.com/oensanche
Tel. 981 543 001

Seguiremos a seguinte *orde do día*:

1. Estado da cooperativa ESPAZO-EQUO
3. Estado da vinculación de EQUO Galicia con En Marea e acordos que procedan
3. Aprobación se procede do plan de traballo de EQUO Galicia para o 2017
4. Intervención das persoas de EQUO Galicia que pertencen aos gobernos dos concellos galegos, para explicarnos o seu traballo nestes anos.
5. Rogos e preguntas

Podes suxerir puntos a tratar no enderezo-e info@equogalicia.org, tes ata o 10 de febreiro, co asunto “Asemblea Espazo-Equo” ou “Asemblea extraordinaria”.

Así mesmo, lembrámosche que recentemente se creou unha wiki na Equomunidade para que poidas facer propostas sobre o *Plan de Acción de
EQUO Galicia para o 2017*. De igual xeito tes ata o 10 de febreiro para facelo.

Aquí a ligazón: http://equomunidad.org/gl/wiki/plan-2017

Tamén podes participar no debate pre-Asemblea, deixando as túas achegas e comentarios, neste fío da Equomunidade:

Aquí a ligazón: http://equomunidad.org/gl/wiki/convocatoria-asemblea-extraordinaria-equo-galicia-18-febreiro-2017

En EQUO non queremos que ningunha persoa deixe de participar por impedimentos de conciliación familiar, así que vos lembramos que todas
*as crianzas son benvidas*. Non dispoñemos aínda de servizo de atención pero seguro que entre todas podemos crear un espazo amable para as
ecoloxistas de hoxe e do futuro.

Agardamos a túa participación activa.
*Ti es EQUO, xuntas somos máis EQUO*