ACTUALIZACIÓN: Xa está dispoñible a acta da Asemblea na Equomunidade: http://equomunidad.org/documentos/acta-asemblea-extraordinaria-05042014 http://equomunidad.org/documentos/conclusions-e-tarefas-pendentes-asemblea-xeral-extraordinaria-05042014
A Mesa Nacional de EQUO Galicia convoca a toda a afiliación e simpatizantes co fin de celebrar unha Asemblea Xeral Extraordinaria o vindeiro sábado día 5 de abril ás 17h no Centro Sociocultural de Conxo, en Santiago de Compostela.
Orde do día:
- Información Congreso Federal e estado da coalición para as europeas.
- Lectura das aportacións do debate previo na Equomunidade*.
- Presentación de voluntarios Comité de Campaña, votación e ratificación no seu caso. Organización e funcionamento.
- Decisión trámites do proceso electoral. Datos papeletas en Galicia, elaboración de lista de apoderados e similar.
- Suxestións e preguntas.
A Mesa Nacional
—
* Pensando en todas as persoas que non poidan acudir a esta asemblea de xeito presencial, ábrese un fío de debate na Equomunidade no que desde xa e ata o comezo da Asemblea todas poidamos colaborar e aportar ideas e iniciativas sobre todos os puntos da orde do día:
http://equomunidad.org/documentos/aportacions-asemblea-extraordinaria-5-de-abril-eleccions-europeas-0