17 de Maio. Santiago de Compostela, 11h.
O martes 17 de maio, Día das Letras Galegas, haberá xuntanza EXTRAORDINARIA da Asemblea de EQUO Galicia coa seguinte ORDE DO DÍA:
1. Presentación do acordo con Espazo (antes Espazo Ecosocialista) para a creación da Cooperativa Política ESPAZO-EQUO.
– Presentaranse os termos do acordo, que non diferirán demasiado do xa avanzado na Equomunidade hai unhas semanas:
http://equomunidad.org/documentos/actualizacion-26-abril-documento-de-traballo-negociacions-equo-espazo-ecosocialista
– A Asemblea votará se aprobar ou non este acordo, para o que se habilitará unha votación telemática. Esta votación abrirase unha vez resentado e debatido o acordo, e manterase aberta ata as 14h do xoves 19.
2. Calendario e proceso para a renovación dos órganos de EQUO Galicia e para os da potencial Cooperativa Política ESPAZO-EQUO.
3. Análise do actual escenario electoral, estatal e galego.
– Relato do proceso Mareas en Común e ratificación, se procede, do apoio de EQUO Galicia.
– Participación na campaña das Xerais en virtude do acordo federal con Podemos e IU.
4. EQUOntro 2016
HORA: 11h (prégase puntualidade)
LUGAR: A Nave de Vidán, Avenida Mestra Victoria Miguez, 44.
15706 Santiago de Compostela http://www.anavedevidan.com
