Benqueridas xentes de EQUO Galicia,
A Mesa Nacional, reunida o 27 de outubro de 2015 [1], decidiu convocar unha Asemblea Extraordinaria para debater e fixar a postura de EQUO Galicia para estas vindeiras Eleccións Xerais, tendo ademais en conta que temos as Galegas en 2016.
Na Asemblea valorarase o escenario de confluencia acadado en Galicia para estas Xerais, as alternativas á mesma (se procede) e a estratexia federal.
Data e hora: 17h do luns 2 de novembro.
Lugar: Na Cafetería do Colexio Maior Fonseca (Praza Rodríguez Cadarso S/N), no Campus Sur de Santiago de Compostela.
Entre o martes 3 e o mércores 4 de novembro levarase a cabo unha votación telemática para decidir sobre as alternativas fixadas na Asemblea.
ORDE DO DÍA
- Informe da Mesa Nacional sobre o estado do Foro Político do Encontro por unha Marea Galega e o resto de opcións para EQUO Galicia nestas Eleccións Xerais 2015.
- Debate aberto sobre a postura de EQUO Galicia nesta cita electoral.
- Redacción da votación telemática que se abrirá para fixar esta postura.
Unha forte aperta,
a Mesa Nacional de EQUO Galicia
[1] Na EQUOmunidade están dispoñibles todas as actas das últimas xuntanzas da Mesa Nacional, así como resumos e actas das reunións do Encontro por unha Marea Galega nas que está a participar EQUO Galicia
http://equomunidad.org/tag/acta-mesa-nacional
http://equomunidad.org/tag/xuntanzas-con-outras-organizacions