Benqueridas equamigas e equoamigos:
Tras realizar a enquisa perntinente, a data da Asemblea queda fixada para o xoves 19 de abril, máis o lugar da devandita xuntaza será a Biblioteca Central de Vigo, rúa Joaquín Yánez, 6, no casco vello, dende ás 6 da tarde ata ás 8:30.
A orde do día será a seguinte:
1- Benvida e presentacións (se proceden)
2- Lectura e aprobación do acta da asamblea do 23 de Febreiro
3- Lectura do acta da Mesa Federal do 25 de febrero
4- Lectura e debate da orde do día prevista para aMesa Federal
5- Debate e votación do proceso congresual: ¿Congreso de persoas afiliadas ou delegadas? (ligazón)
6- Lectura e debate buscando o consenso dos seguintes documentos vinculados a formación de EQUO Galicia:
a. Documento/manifesto fundacional de EQUO Galicia(ligazón)
b. Estatutos: Usos lingüísticos e toponimia (ligazón),
c. Estatutos: EstruturaTerritorial (ligazón
d. Estatutos: Xestiónde recursos financeiros (ligazón)
7- Rogos e preguntas.
Equo es ti, Equo somos todos!
Unha aperta,
Óscar Milego
Co-coordinador de Equo Pontevedra