Asemblea de EQUO Galicia. Domingo 18 de Decembro

10:30h. na Nave de Vidán. Santiago de Compostela

Seguiremos a seguinte orde do día:

1. Resumo do vivido en EQUO Galicia no 2016.
2. Presentación das contas e do estado do censo de EQUO Galicia, e acordos que procedan.
3. Resumo da 3º Asemblea Federal.
4. Información do estado da cooperativa Espazo-EQUO e acordos que procedan.
5. Información do estado de EQUO Galicia en En Marea.
6. Plan de acción para o ano 2017 e acordos que procedan.
7. Intervención das persoas de EQUO Galicia que pertencen aos gobernos dos concellos galegos, para explicarnos o seu traballo nestes anos.

Podes suxerir puntos a tratar no enderezo-e info@equogalicia.org, tedes ata o día 9 de decembro, co asunto “Asemblea”, así como dar a túa opinión sobre algún dos puntos xa incluídos, na Equomunidade.
Aquí a ligazón: http://equomunidad.org/gl/evento/convocatoria-asemblea-ordinaria-equo-galicia-decembro-2016

En EQUO non queremos que ningunha persoa deixe de participar por impedimentos de conciliación familiar, así que vos lembramos que todas *as crianzas son benvidas*.
Non dispoñemos aínda de servizo de atención pero seguro que entre todas podemos crear un espazo amable para as ecoloxistas de hoxe e do futuro.

Moitas das persoas participantes da asemblea imos quedar a comer no local da reunión. Se tes idea de quedar a comer avísanos no enderezo-e para reservar sitio, no caso de non avisar non o podemos garantir.

10:30 da mañá. A Nave de Vidán
Avenida Mestra Vitoria Míguez, 44.
15706 Santiago de Compostela
www.anavedevidan.com

Agardamos a túa participación activa.
Ti es EQUO, xuntas somos máis EQUO

EquoGalicia300