O sábado 11 de xullo vaise a realizar a Asemblea Ordinaria do 2015 de EQUO Galicia. O lugar vai a ser o Parque Eugenio Granell (O Paxonal) de Santiago de Compostela. O horario da asemblea será dende as 10:30h até as 14:30h, quen queira quedar a comer que traia algo e faremos un pequeno pícnic comunal.
Os puntos da orde do día da asemblea son os seguintes:
- Valoración das eleccións municipais.
- Análise e reflexión dos resultados en Galicia
- Análise e reflexión dos resultados fóra de Galicia
- Creación dunha comisión negociadora para as xerais e autonómicas.
- Debate estratexia para as Eleccións Xerais 2015. Ver Documento Marco de Federal: «Marco para el debate estratégico hacia las elecciones generales. EQUO 2015»
- Informe das xuntanzas mantidas por EQUO Galicia con colectivos e organizacións políticas cara esta cita
- Documento de mínimos. Liñas de actuación.
- Informe da Mesa Nacional de EQUO Galicia
- Presentación e aprobación das contas de 2014 de EQUO Galicia
- Reestruturación de EQUO Galicia
- Mesa Nacional, Grupos Territoriais, Grupos Locais de Apoio e Redes transversais
- Conversas co Espazo Ecosocialista
- Propostas, apuntamentos e preguntas
En caso de choiva ou calquera outro contratempo, o plan B será acudir ao Restaurante Paz Nogueira.
Ti es EQUO, xuntos somos máis EQUO.