ASEMBLEA DE EQUO – GRUPO TERRITORIAL (PROVINCIA) DA CORUÑA
SÁBADO 1 DE ABRIL DE 2017
*10:30 a 14:00 da mañá* El Café de Macondo Rúa San Andrés, 106, 15003 A Coruña Teléfono: 981 22 38 18
Seguiremos a seguinte orde do día:
- Rendición de contas da Mesa Territorial actual
- Proceso electoral para a Mesa Territorial de EQUO Coruña. a. Entre outros temas, decidirase sobre as distintas propostas de calendario que se acheguen nese mesmo día, así como o número de persoas que integrarán a Mesa
- Liñas de traballo para o 2017:
- Universidade na rúa sobre ecoloxismo e política para o mes de xullo/agosto
- Colaboración coa plataforma Coruña Contra a Guerra no acto de Acampada que terá lugar en Coruña entre o 15 e 18 de xuño, poñendo un stand/tenda EQUO durante eses días.
- Reformular a idea de xuntanzas periódicas, tanto de traballo como de presentacións abertas d. Roteiro de presentacións fora do marco urbano da Coruña e. Potenciación de EQUO en Santiago de Compostela e contorna
- Potenciación de EQUO na Ferrolterra
- Eleccións municipais 2019
- Varios, rogos e preguntas
Podes suxerir puntos a tratar no enderezo-e info@equogalicia.org, ata o vindeiro xoves 30 de marzo, co asunto “Asemblea EQUO Grupo Territorial (Provincia) da Coruña”.
En EQUO non queremos que ningunha persoa deixe de participar por impedimentos de conciliación familiar, así que vos lembramos que todas *as crianzas son benvidas*. Non dispoñemos aínda de servizo de atención pero seguro que entre todas podemos crear un espazo amable para as ecoloxistas de hoxe e do futuro. Agardamos a túa participación activa.
Ti es EQUO, xuntas somos máis EQUO
Apertas, Grupo Territorial (Provincia) da Coruña