Asemblea Constituínte de ESPAZO-EQUO

Sábado, 28 de Maio. Santiago de Compostela

Despois de semanas de traballo e acordos, constitúese a Cooperativa Política ESPAZO [Ecosocialista] – EQUO Galicia, que humildemente  pensamos que constituirá o referente da ecoloxía política en Galicia. A túa presenza non só é importante. É fundamental!
Axúdanos a facer desta Cooperativa o mellor instrumento político posible coa túa participación!  Os detalles desta convocatoria son os seguintes:

ASEMBLEA CONSTITUÍNTE ESPAZO-EQUO ‘Reverdecenco a esquerda, enraizando coa xente’

Sábado 28 de maio
Local de Compostela Aberta. Praza do Toural, Santiago de Compostela

Orde do día:
10,00 -10,30 horas. – Recepción e acreditacións
10,30 -10,45 horas. – Elección da mesa da Asemblea (presidencia e secretaría, 4 persoas en paridade)
10,45 – 12,15  horas. – Debate e ratificación do Acordo político de confluencia
12,15 – 12, 45 horas. – Elección de organos de goberno (Mesa Nacional, Comisión de Coordinación e Comunicación e Co-Portavocía)
12,45 – 13,15 horas. – Aprobación de resolucións (enviaremos copia por correo durante o día de hoxe destas resolucións)
13, 15 – 14,00 horas. – Acto clausura.

Intervención entidades convidadas (3’ cada):
– varias organizacións sociais, ICV e EQUO Federal
– intervención das Co-Portavoces de ESPAZO-EQUO (5 minutos cada)

Ploter asemblea constituinte2