As colonias felinas foron postas en marcha na pasada lexislatura polo goberno municipal da Coruña, do que formaba parte Verdes Equo.
O modelo aplicado, CER (Captura-Esterilización-Retorno), está amplamente experimentado en Europa. Con el evítanse prácticas crueis como a captura e o sacrificio. Esta xestión contribúe ao control de número de animais en espazos públicos e á redución de problemas aos veciños.
O anuncio por parte do goberno municipal de Inés Rey, do fin do financiamento dos tratamentos e coidados destas colonias, deixando o seu mantemento ao amparo dunha suposta subvención da que non hai orzamento, supón un retroceso absoluto.
Verdes EQUO A Coruña reclama a marcha atrás nesta decisión e anima a asinar a petición para que as colonias felinas sigan funcionando como ata o de agora.
Colonia felina na Torre