O Concello da Coruña dá marcha atrás na loita contra o cambio climático

A ampliación nun 46% do gasto na iluminación do Nadal pola Xunta de Goberno Local supoñerá un custo de 490.000 euros.
O goberno do PSOE decide incrementar o gasto en luces de Nadal, o que supoñerá, ademais de maior custo para as arcas municipais, máis puntos de luz e enerxía consumida.
Esta decisión do goberno de Inés Rey deixa ao carón a loita contra o cambio climático, promovendo o incremento de produción enerxética.

Mentres que o goberno presidido por Pedro Sánchez véndenos unha suposta estratexia ecoloxista, o socialistas coruñeses toman o ronsel trazado por Abel Caballero en Vigo, onde o investimento municipal e o maior gasto enerxético, son os eixos das súas políticas.