Agardámoste no EQUO-café sobre mobilidade o xoves 25 de abril

EQUO A Coruña organiza, este xoves 25 de abril as 20:00 un café coloquio sobre o tema da mobilidade.

As actuacións do Concello con respecto a este tema deixan moito que desexar. Comezando con non ter un plan de mobilidade axeitado para esta cidade e os seus arredores, e rematando con medidas como a eliminación do carril bus que, aínda sendo unha acción aillada e incompleta, servía para o desprazamento dunha forma axeitada, ademais dos propios autobuses, das bicicletas.

A non potenciación do transporte público fai que os cidadáns teñan que recorrer ao coche como medio de transporte maioritario. Deste xeito contribúese a empeorar a calidade de vida das persoas, principalmente polo aumento da contaminación, que afecta á saúde, pero tamén por outras consecuencias do aumento do tráfico que fan que moverse dun lado a outro da cidade sexa algo incómodo e estresante.

Como consecuencia de todo isto, A Coruña é unha das cidades máis contaminadas de Galicia, nalgúns marcadores por enriba incluso de Vigo, según o informe de Ecoloxistas en Acción sobre a calidade do aire en 2011.

Agardámoste no Equo-café “Mobilidade na Coruña”

Xoves 25 de abril, 20:00h
Cafetería Núñez
Salvador de Madariaga, 8, A Coruña

http://goo.gl/maps/yyteC
Equo A Coruña anima a toda persoa con interese neste tema a participar neste café-coloquio onde tamén estarán presentes membros da Plataforma pola Mobilidade.

Tarifas2013_busurbano

Aquí podes consultar o informe sobre mobilidade na cidade feito pola Plataforma pola Mobilidade que amosa como o prezo do transporte público na Coruña é moito máis caro que noutras cidades do Estado.