EQUO Galicia, ante o anuncio do presidente da Xunta en adiantar unha nova convocatoria electoral para o vindeiro 21 de Outubro, valora con decepción a falta de seriedade e responsabilidade do Sr. Feijoo que, lembramos, sempre defendeu a idea de esgotar esta lexislatura.
A nosa valoración sobre esta lexislatura é moi negativa, ademais de malxestionar a crise económica, consideramos un tempo perdido sen ningunha aportación positiva onde destacamos que padecimos uns RECORTES sociais inxustificables na Sanidade e na Ensinanza, que terá consecuencias nefastas nun vindeiro futuro para a cidadanía deste país.