A Plataforma na Defensa do Tren A Coruña e As Mariñas convoca para este venres un acto reivindicativo que consiste na proxección e posterior debate da Película A Cuadrilla, de Ken Loach. A Cuadrilla é unha película que narra os problemas acontecidos no ferrocarril británico cando foi privatizado.
EQUO forma parte desta Plataforma que esixe a mellora do tren na comarca das Mariñas coruñesas.
Lugar: Edificio de Servizos Múltiples de O Burgo
Venres 10 outubro, 20:00h.
Saída en tren dende A Coruña ás 19:30h, e volta no tren das 23:00h. A quedada será, polo tanto, na estación do ferrocarril de Coruña ás 19:20 para chegar con algo de tempo para coller o tren.