Acordo do Cumio do Cambio Climático, unha oportunidade perdida?

EQUO A Coruña e Amigos da Terra  organizou unha charla debate para valorar os acordos no Cumio Mundial do Cambio Climático (COP 21) o pasado mércores 3 de febreiro as 19:30 na librería Berbiriana en A Coruña.
berbiriana2

 

O pasado mes de decembro tivo lugar a maior cume mundial contra o cambio climático da década, coñecida como COP 21 ou París 2015. Activistas de Amigos da Terra estiveron alí presentes, xunto a outros varios de miles de persoas, dun enorme e variado crisol de movementos sociais, en mobilizacións e accións de rúa que deron voz á xente de todo o mundo. Todos eles e elas participaron nas numerosas actividades que estaban programadas en París durante o cumio, sobretodo nas que se levaron a cabo no “Centquatre” ou Zona de Acción polo Clima un gran espazo de converxencia, debates e mobilización.

Silvia Pinal, co-voceira da Mesa Territorial de Equo-A Coruña, explicou en que consisteu o cumio e cales eran as espectativas dos movementos e organizacións sociais.

Sofía Marbán Lorenzo, activista de Amigos da Terra, compartiu cas persoas asistentes a sua experiencia na COP21, ofrecendo unha visión crítica do acordo resultante e achegou a súa visión fronte as alternativas de liñas de traballo asociativas.

berbiriana1
Conclusións_COP21_v2_1_300