As votacións para as primarias de En Marea serán o 17 e o 18 de agosto.
Como sabedes, esta nova En Marea nada en Vigo, o pasado 30 de xullo,construíuse como un espazo de unidade popular en pé de igualdade, na que o principio de adscrición individual e non de partido é un dos seus signos de identidade.
O principal mérito para esta apertura de En Marea hai que apuntarllo ao traballo que Mareas en Común veu realizando desde xaneiro, con máis de 500 persoas partillando a construción deste espazo de confluencia, no que toda persoa pode participar coma unha máis.
Xentes de distintas organizacións verdes están a participar activamente no proceso de construción deste novo espazo político galego, e algunhas decidiron ademais presentar a súa candidatura nas primarias da Marea, tanto agrupadas en listas de corte ecoloxista como mergulladas en candidaturas xurdidas dentro de espazos municipalistas.
Listamos os nomes das persoas que apostan por levar os principios e valores da ecoloxía política ao Parlamento de Galicia.
Na provincia da Coruña, temos xente de EQUO Galicia agrupada na lista *Onda Verde*, ademais de compañeiras de ESPAZO-EQUO na lista *Mar de Todas*:
“Onda Verde”
1. Jesús Pérez Balirac (EQUO)
2. Lidia García González (EQUO)
3. Benjamín Garrido Rivas (EQUO)
4. María Asunción Couto Carril (EQUO)
5. Roberto Carro Vázquez (EQUO)
6. Elena González Rey (EQUO)
7. Emilio José Padrón González (EQUO)
“Mar de Todas”
4. Ana María Seijas Baranauskas (Independente en ESPAZO-EQUO)
7. Pablo Meira Cartea (Espazo)
13. Cesar Pena Leira (Espazo)
Dende EQUO queremos animarvos a participar e apoiar ás nosas compañeiras neste proceso. Nestes tempos faise imprescindible introducir os valores verdes de sostibilidade económica, social e ambiental na axenda política. As políticas baseadas no crecemento ilimitado xa sabemos a onde conducen.