A instalación de enerxía eólica debe ser compatible coa protección da biodiversidade e do territorio

VERDES EQUO aprobou o seu posicionamento ante a falta de planificación na instalación de enerxías renovables. No caso de Galicia, o maior problema é a avalancha de proxectos de parques eólicos que, na maioría dos casos, non respectan ao entorno rural e natural onde se sitúan.

Para que as renovables protexan non só o clima senon tamén a biodiversidade, e ademáis sexa un vector de desenvolvemento territorial xusto e sostible, e de empregos verdes, necesitamos tres ingredientes básicos: participación social, un novo modelo enerxético máis eficiente e que consuma menos, e unha correcta planificación estratéxica e territorial para as renovables.

É fudamental que a imprescindible implantación das renovables sexa socialmente aceptada, ambientalmente sostible e territorialmente proveitosa para todos e todas.