EQUO chama a manifestarse na defensa da Fraga de Soandres

Animámos á participación na manifestación o vindeiro día 28 de maio.  Débese denunciar o gravísimo atentado contra unha das fragas máis singulares de Galicia que se consumará coa construción do campo de tiro.

Desde EQUO Galicia denunciamos corruptelas por parte do Concello de Laracha no outorgamento da licenza para o proxecto de campo de tiro en Vilar de Fraga.

O campo de tiro olímpico e tiro ao prato que se pretende poñer en  funcionamento en Vilar de Fraga – Soandres, no Concello de Laracha, suporía un gravísimo dano ambiental e paisaxístico nunha das fragas máis singulares e representativas de toda a comarca e incluso de Galicia. Esto denunciamos desde EQUO Galicia. Por iso  vos  animamos á participar na manifestación que terá lugar o vindeiro día 28 de maio en Laracha contra a destrución da fraga de Soandres.

A fraga que lle da o seu nome ao lugar está formada por árbores autóctonas centenarias rodeadas dunha riquísima biodiversidade, onde se poden atopar máis de 60 especies catalogadas como de interese especial. A construción do campo de tiro suporía a súa destrución e a desaparición do valioso ecosistema que alberga.

Ademais, pola fraga discorre o río Anllóns. Este vai desembocar en Ponteceso na ría de Corme e Laxe. Existe un alto risco de que acabaría contaminada con milleiros de toneladas de cartuchos e perdigóns de chumbo. Inexplicablemente ninguén tivo en conta este punto na avaliación ambiental do proxecto.

EQUO chama a manifestarse na defensa da Fraga de Soandres

Ademáis do valor ambiental, a fraga de Soandres esconde un grande valor histórico.

O pretendido campo de tiro sitúase xusto no medio da fraga, pola que tamén discorre un Camiño Real de grandísimo valor histórico e arqueolóxico. Este forma parte da Vía XX Romana per loca marítima, ao seu paso polo río Anllóns en dirección Santiago-Brigamtium.

Desde EQUO Galicia entendemos que o feito de que a fraga aínda non estea recoñecida como Espazo Natural de Interese Local está motivado polo desleixo do Concello de Laracha. Desde o consistorio non se dubidou en outorgar licenza municipal ao Clube de Tiro, en contra do sentir das veciñas e veciños da parroquia. Mentres se oculta a existencia do Camiño Real que lle daría unha protección especial automáticamente e se desafectan terreos en contra do establecido por Lei. 

EQUO chama a manifestarse na defensa da Fraga de Soandres