CONVOCATORIA ASEMBLEA EXTRAORDINARIA
DE PERSOAS AFILIADAS E SIMPATIZANTES
EQUO GALICIA
22 de SETEMBRO do 2012
Ás 11h da mañá
Centro Sociocultural José Saramago de Vite, Rúa Carlos Maside, 7
Santiago de Compostela
Benqueridas equoamigas e equoamigos:
A Mesa Promotora de Equo Galicia considera imprescindible a convocatoria dunha Asemblea Extraordinaria para poder dar as explicacións necesarias sobre as negociacións todavía en marcha con EU e Anova no marco da coalición Alternativa Galega de Esquerda.
A Asemblea terá lugar o vindeiro sábado 22 de Setembro, en Santiago de Compostela, ás 11horas no Centro Sociocultural José Saramago de Vite, rúa Carlos Maside, 7.
A orde do día proposta é a seguinte:
1.-Informe das negociacións, debate e ratificación da coalición “Alternativa Galega de Esquerda”: documento de adhesión, listas, programa conxunto.
2.- Nomeamento de representantes de EQUO ante a Coalición.
3.- Desenvolvemento da campaña electoral. Coordinación galega e provincial/comarcal.
Agardámos pola túa presencia, sempre necesaria e máis ainda nestes días cando máis presente se fai a necesidade dunha renovación na política e nas respostas á crise non so económica senon ecolóxica e social.
Ti es Equo, xuntos somos máis EQUO!
Unha aperta,
Mesa Promotora de EQUO Galicia.