20S: Marcha da Emerxencia Feminista na Coruña

O pasado venres 20 de Setembro celebrouse na Coruña a manifestación convocada por Emerxencia Feminista. A ela sumáronse varios membros de EQUO A Coruña. A manifestación foi un berro de protesta ante os últimos asasinatos de mulleres á vez que unha demanda de mellora ás institucións de todas as accións e medios que eviten e persigan a violencia de xénero. A covoceira de EQUO Galicia, Stephy Ordóñez, foi unha das lectoras do manifesto fronte á Delegación do Goberno en Galicia.

Fin da manifestación frente á Delegación do Goberno en Galicia. A Coruña