Porque non todo en política vai ser traballar!
ACTUALIZACIÓN: Debido á previsión de chuvia para o día previsto, o 7 de xuño, o EQUOncontro suspéndese. A nova data será o vindeiro sábado 14 de xuño. Desculpade ás molestias. Grazas.
Achégase a conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente 2014 (o 5 de xuño), e con ela o 1º EQUOncontro de confraternización de EQUO Galicia.
Cando?
- Este próximo sábado 7 de xuño durante todo o día.
Onde?
- Será en Antas, A Lama, provincia de Pontevedra, no confluir dos ríos Barbeiras e Verdugo.As coordenadas do punto de encontro son: 42º24’51.94”N e 8º26’36.95”O (segundo Google Earth)
Que faremos?
- Trátase de ter un día para xuntarnos afiliadas e simpatizantes de EQUO en Galicia sen programa político polo medio máis alá das conversas que poidan xurdir:
- Ás 10h comezamos unha camiñada polo «roteiro da Liberdade» seguindo o curso do río Barbeiras.
http://concellodalama.weebly.com/naturalezarutas-de-senderismo.html - Ás 14:30 xuntámonos todas de novo para un xantar colaborativo (o que vén sendo, cada un trae un pouco e poñémolo en común para compartir)
- Na sobremesa o máis importante é pasar un bo rato, así que se sabes tocar algún instrumento, se queres traer xogos ou se che ocorre calquera actividade que poidamos compartir non o penses dúas veces
- Ás 10h comezamos unha camiñada polo «roteiro da Liberdade» seguindo o curso do río Barbeiras.
A idea é disfrutar dun día tranquilo, na natureza e en boa compañía :-)
Conforme vaiamos tendo máis datos irémosvos informando por aquí e polo evento na rede social Facebook creado para a ocasión: https://www.facebook.com/events/659283550792960.
Tamén podedes dirixir calquera dúbida ou manifestar a vosa intención de vir (é interesante ter unha aproximación de número de persoas que seremos) á nosa dirección de correo equogalicia@proyectoequo.org
Animádevos a vir!