Alegacións feitas por EQUO ante o proxecto da mina de Corcoesto

A Don Ángel Bernardo Tahoces
Director Xeral de Industria, Enerxía e Minas
Xunta de Galicia
San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela
Don ___, maior de idade, con DNI  segundo a
RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2012, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se
somete a
información pública o Proxecto de explotación, estudo de impacto ambiental e plan de restauración para as
concesións de explotación Emilita n.º 1221, Ciudad de Landró n.º 1454 e Ciudad del Masma n.º 1455, que
forman
o coñecido como Grupo Mineiro Corcoesto, situado nos concellos de Ponteceso, Cabana de Bergantiños e
Coristanco, da provincia da Coruña e promovido por Río Narcea Gold Mines, S.A. como proxecto industrial
estratéxico segundo a Lei 13/2011, do 16 de decembro, reguladora da política industrial de Galicia ,
comparece e actúa en representación de EQUO, por ser lexítimo o seu interese e
presenta este documento coas seguintes ALEGACIÓNS
EXPÓN:
PRIMEIRO: Que o proxecto de explotación non cumpre os requisitos mínimos necesarios
para ser considerado proxecto industrial estratéxico segundo a Lei 13/2011, do 16 de
decembro, reguladora da política industrial de Galicia.
SEGUNDO: Que o proxecto de explotación non define a importancia da tecnoloxía
empregada, nin o desenrolo que este provocará no tecido industrial galego. As
tecnoloxías anticuadas utilizadas no proxecto están prohibidas en varios países europeos
por mor do seu perigo para a saúde pública e o ambiente e existe unha Resolución do
Parlamento Europeo, de 5 de maio de 2010, sobre a prohibición xeral do uso das
tecnoloxías mineiras a base de cianuro na Unión Europea no que expresamente se pide á
Comisión Europea e aos Estados membros que non presten apoio, de forma directa ou
indirecta, a ningún proxecto mineiro na UE no que se empreguen tecnoloxías mineiras a
base de cianuro ata que sexa aplicable a prohibición xeral.
TERCEIRO: Que máis do 90% do ouro extraido non se usa en procesos industriais, senón
para a especulación, valor refuxio e xoiería. A xustificación económica da viabilidade do
proxecto se debe só á elevada cotización do ouro como valor refuxio por mor da crise
económica mundial, que en caso dunha leve recuperación durante a explotación sería
inviable e ficaría abandonado sen que se aporten solucións a esta posibilidade.
CARTO: Que non existe unha relación clara dos postos de traballo ofertados, sendo a
maioría dos descritos indirectos e polo tanto non vinculados directamente á empresa, sen
unha indicación da súa calidade nin duración.
QUINTO: Que a pesar do exposto no proxecto é imposible a minería en galerías durante
ou despois do proxecto xa que se vai cubrir con miles de toneladas de po ou auga có que
1/3
se eliminan tódalas posibilidades de aproveitamento actual ou futuro das terras, incluso as
mineiras.
Que a concesión afecta a máis de 700 ha de terreo, sendo máis de 300 as afectadas
directamente pola mina sendo case completamente nulos os usos futuros destes terreos,
se consideramos o invento de crear un entorno natural con un grado de biodiversidade
baixo e unha degradación e perigo ambiental moi superior ao actual.
SEXTO: Que o estudo de impacto ambiental é limitado e parcial e non analiza nin
demostra a necesidade da explotación e só trata de xustificar a opción máis económica
para a empresa e non a máis viable social e medioambientalmente.
SÉPTIMO: Que dentro da conca onde se atopa o proxecto de explotación, augas abaixo,
atópase unha importante concentración de poboación que se abastece do río para auga
potable, agricultura, procesos industriais e que vive da riqueza deste coa pesca e
marisqueo e dependen todos estes usos da calidade e salubridade das augas que
reciben.
OITAVO: Que o río Anllóns, con afluentes afectados pola mina está declarado Lugar de
Interese Comunitario e que este acaba na Costa da Morte, que ten ademais de zona LIC
a categoría de protección ZEPA.
NOVENO: Que as medidas de corrección e prevención do impacto se dan a modo de
relación legais mínimas sen concretar plans de evacuación e contención en caso de
emerxencia nin se analizan as posibles consecuencias dun accidente na mina que afecte
ás augas.
DÉCIMO: Que non hai medidas de control posible para que o río Anllóns non se vexa
afectado directamente pola explotación pola xeración de po, ruídos e vibracións que nuns
poucos centos de metros non se poden atenuar nin evitar, e polo desaugue de tódalas
augas neste río xunto cós contaminantes que arrastren no futuro.
ONCEAVO: Que no proxecto de impacto ambiental non se teñen en conta as alteracións
na hidroxeoloxía que van xerar as continuas explosións e que poden conectar a lagoa
artificial e/as balsas de residuos tóxicos có río Anllóns ou calquera dos seus afluentes.
DOCEAVO: Que no estudio de impacto ambiental só se consideran as concentracións
actuais de metais pesados, metaloides e contaminantes e non se consideran os aumentos
bruscos que se producirán pola acidificación do medio e a alteración de miles de metros
cúbicos de rocha con altos contidos de tóxicos. As minas de Touro son un claro exemplo
do deserto que provoca ignorar estes feitos.
TRECEAVO: Que en ningún lugar se explicita a necesidade dun seguro a longo prazo
(polos menos 20 anos despois de rematados os traballos na mina) que cubra calquera
continxencia ou accidente e a garanta a restauración.
CATORCEAVO: Que no estudo de impacto ambiental se indica que non se vai perfilar o
terreo do lago artificial, quedando cunha pendente de mortal para a fauna e a xente que
se achegue a ela.
QUINCEAVO: Que en ningún dos proxectos se indica onde se almacenará a terra vexetal
2/3
nin hai xeito de garantir a conservación do mesmo durante os meses ou anos que este
non sea utilizado.
DEZASEISAVO: Que a balsa de lodos procedentes de lixiviación suporá un perigo
permanente de contaminación de cara ao futuro, pola degradación do selado ao que
estará sometida.
SOLICITA:
1. Que, por todas as eivas arriba indicadas, se denegue a este proxecto a
consideración de proxecto estratéxico.
2. Que faga un Estudio de Impacto Ambiental Completo no que se teñan en consideración
a pegada económica e ecolóxica real da mina, tendo en conta as perdas de produción
durante 15 anos de máis de 300 hectáreas de monte e as perdas de pesca e caza
afectados pola mesma, ademais das perdas futuras pola degradación do espazo.
3. Que, en todo caso, se presenten, para corrixir as mencionadas eivas:
a) Un informe da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e
Innovación, no que se sinale cal é a importancia da tecnoloxía con cianuro, se
explique que razóns hai para desoír as recomendacións do Parlamento europeo ao
respecto desta tecnoloxía; e se indique onde está a innovación deste proxecto.
b) Informes da Dirección Xeral de Promoción do Emprego e da Dirección Xeral
de Formación e Colocación nos que se avalíe de maneira rigorosa a cantidade,
duración e calidade do emprego que deberá xerar o Proxecto, e se especifique
con claridade como se van crear os 250 postos de traballo directos requiridos pola
lexislación e non recollidos no proxecto.
c) Un informe de Augas de Galicia no que avalíe a adaptación do proxecto, do uso
das tecnoloxías a base de cianuro no mesmo, e da xeración de residuos con elevado
contido en arsénico á Directiva marco sobre política de augas (Directiva
2000/60/CE do Parlamento Europeo e do Consello, de 23 de outubro de 2000, pola
que se establece un marco comunitario de actuación no ámbito da política de
augas). Solicitamos que no citado informe se faga referencia aos posibles efectos
do cianuro e o arsénico sobre a rede hidrográfica da zona en xeral, e sobre o LIC
Río Anllóns (Rede Natura) e o LIC e ZEPA Costa da Morte (Rede Natura) en
particular.
d) Informe do IGAPE sobre:
• A viabilidade económico-financeira da actuación contemplada no proxecto, no
que se barallen todos os horizontes posibles ao respecto do prezo do ouro.
• A diversificación que esta actividade económica vai introducir no tecido
industrial da nosa Comunidade.
e) A relación detallada dos bens afectados.
En Santiago de Compostela, a 5 de Xuño de 2012
Asinado:

Membro da mesa promotora de EQUO Galicia
3/3