Acto da MAREA ATLÁNTICA no Castrillón

O candidato da Marea Atlántica á alcaldía da Coruña, Xulio Ferreiro, participou ante unhas 200 persoas nun encontro co barrio do Castrillón no colexio Fernández Latorre. O cabeza de lista da plataforma cidadá criticou aos que “abandonaron os valores, dos que só se lembran en campaña: valores como como a solidariedade e a igualdade, valores como os que representa algunha figura histórica que ten unha praza co seu nome neste barrio e que pouco teñen que ver cos daqueles capaces de cambiar a Constitución ao ditado da troika en menos tempo do que se gasta en ir en bus do Castrillón ao centro”. “Nós non renunciaremos aos nosos valores. E se algún o fai, terá que irse da Marea”, engadiu.

No acto tamén participaron o número nove da lista, Daniel Díaz Grandío (co-voceiro de EQUO-A Coruña), que pediu melloras na mobilidade para o Castrillón e Rocío Fraga, número dous, que esixiu colocar en primeiro plano as políticas de coidados, especialmente no referido á xente maior.

CastrillonFotografía: Sandra G. Rey