Xuntanza para Campaña de Afiliación: 2ª sesión

Obradoiro de afiliación de EQUO Galicia

Tras o gran sabor de boca que deixou a primeira sesión deste obradoiro sobre afiliación e estratexia de saída ás rúas, este domingo 9 de febreiro temos a segunda sesion deste interesante evento, orientado ao desenvolvemento dunha adecuada estratexia de crecemento de EQUO Galicia.

Esta segunda sesión levarase a cabo novamente no Restaurante Paz Nogueira (Rúa Castiñeiriño 14-16, de Santiago de Compostela) desde as 16:00 deste domingo 9 de febreiro de 2014.

Na EQUOmunidade tes toda a información sobre esta actividade, incluíndo o plan de traballo desta segunda xornada, un resumo da primeira sesión do obradoiro e un debate sobre o mesmo. Ademais, tamén está dispoñible un documento para participar de xeito non presencial no obradoiro, aportando as túas ideas e opinións se non podes asistir . Todo nesta ligazón: http://www.equomunidad.org/gl/discusion/2014-campana-de-afiliacion

Tamén temos un evento de Facebook para axudar a difundir o obradoiro: https://www.facebook.com/events/276678135820850/?ref_dashboard_filter=upcoming&source=1

Tempo de compromiso #TomaPartido EQUO Galicia

Deixa unha resposta