Xornada de traballo en ecoloxía política de EQUO Galicia e Asemblea

Este sábado 13 de decembro en Santiago de Compostela, no Centro Sociocultural de Conxo…   sesión dobre de traballo en EQUO Galicia!

Pola mañá (10-14h): Xornada de formación sobre Ecoloxía Política

Trátase dunha sesión presencial do curso en liña sobre ecoloxía política da Fundación EQUO que está en marcha desde setembro. Esta sesión presencial está aberta a toda persoa simpatizante ou afiliada de EQUO Galicia, estea ou non a seguir o curso.

O programa para esta mañá de ecoloxía política será o seguinte:

  • Presentación da xornada.
  • Explicación breve do curso en liña.
  • Testimonios e suxestións sobre o curso por parte das persoas matriculadas.
  • Obradoiro participativo I: “Xeración de emprego digno nun novo modelo produtivo e de consumo”
  • Obradoiro participativo II: “Implicación e participación da cidadanía nun modelo de goberno aberto”
  • Despedida e peche. Cuestionario.

Información e rexistro (necesario) en http://fundacionequo.es/actividades/jornada-de-formación-sobre-ecología-política-13-diciembre-2014

Pola tarde: Asemblea Nacional de EQUO Galicia en dobre sesión

 17h. Asemblea ordinaria

– Aprobación, se procede, da última acta
– Informe da Tesourería
– Informe da Mesa Nacional
– Informe da Comisión Executiva Nacional
– Informe de actividades realizadas e actividades previstas.
– Rogos e preguntas.

18h: Asemblea extraordinaria

– Convocatoria de eleccións á Comisión Executiva
– Proposta de modificación dos Estatutos de EQUO Galicia
– Elección dunha muller como co-voceira
– Asemblea/congreso en xaneiro ou febreiro
– Información sobre a xuntanza con Espazo Ecosocialista.
– Rogos e preguntas

Os dous eventos, curso da mañá e asembleas da tarde, son independentes. Lembra que para o primeiro precísaste inscribir na ligazón. Tamén podes axudar a promocionar a actividade no evento creado en Facebook para iso: https://www.facebook.com/events/1514870935464107

Para chegar ao Centro Sociocultural Aurelio Aguirre, en Conxo, onde se levará a cabo toda a xornada: http://www.openstreetmap.org/way/111707464#map=19/42.86308/-8.55557

Vémonos en Compostela!

Deixa unha resposta