Xa somos membros de pleno dereito do Green Party!

Esta fin de semana, na 25ª edición do Green Council, os membros do partido Verde Europeo votaron positivamente a incorporación de EQUO como membro de pleno dereito de European Greens. GRAZAS!

Facémolo nun momento especialmente complexo, nunha Europa tocada polo incremento do extremismo e do odio. EQUO xunto ao resto de partidos verdes representamos unha alternativa real e sólida, baseada nos dereitos humanos, a solidariedade e a equidade. De nós depende saber ocupar os espazos baleiros, transformar o desencanto e enchelos de esperanza.

Teñen sido anos de moito traballo e esforzo. Grazas a todas e a todos por facelo posible.

capture web green party

+info: http://partidoequo.es/ya-somos-miembros-de-pleno-derecho-del-partido-verde-europeo/

Deixa unha resposta